22.05.2013
Abordaranse as necesidades e melloras da parroquia de Vilaronte
09.06.2011
OS resultados das últimas eleccións municipais en Foz foron moi positivos para o PP, que logrou converterse na forza máis votada nun dos concellos mariñanos con maior tradición socialista. Nembargantes un posible pacto PSOE-Unifoz deixaría o PP sen goberno, aínda que finalmente parece que si que o vai ter con maioría simple.
Como recibíu as noticias dadas por PSOE e Unifoz de que será o PP o que goberne en minoría?
Ben, penso que ata o rabo todo é touro polo que imos agardar tres días maís a ver que acontece, aínda que o feito de que PSOE e Unifoz o digan publicamente faime pensar que vai ser así, salvo que haxa sorpresas. Afrontamos estas noticias con prudencia porque levamos 16 anos agardando polo Concello e podemos agardar tres días máis.
Vai ser difícil un goberno en minoría?
Non ten que ser así. En Foz xa se gobernou con maioría simple, ó igual que en Viveiro ou en Ribadeo. Está claro que é unha situación complicada e na que fai falta tender á man ó resto de grupos. Eu véxome capacitado para facelo e dende o PP imos propoñer moitos proxectos que estamos seguros que imos sacar adiante.
Pensa que a oposición pode ser un obstáculo á hora chegar a acordos?
Eu agardo unha oposición responsable porque tanto PSOE como Unifoz manifestáronse nese senso. A situación implica un exercicio de responsabilidade por parte de todos pero como dixen antes preferimos ser prudentes e agardar ó sábado.
Xa ten configurado o PP a organización das diferentes concellerías?
Eso é algo que antes das eleccións xa organizamos en caso de obter o triunfo. Somos un equipo e temos divididas as atribucións pero antes de todo iso o máis importante é ver en que situación queda o Concello. Teremos que ter unha toma de contacto para ver como van as cousas e logo xa se organizará o traballo.
Que lle parece a falta de acordo entre PSOE e Unifoz?
Nós vimos que os dous grupos mantiñan posicións moi diverxentes, pero en toda negociación sempre hai a posibilidade de chegar a un entendemento ou a unhas posturas comúns. Parece que o final non foi así pero preferimos agardar ata a investidura.
El Progreso 9/06/2011
© 2013 PP de Foz