29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.04.2014

Análisi das facturas de proveedores na xunta de portavoces.

A xunta de portavoces do Concello de Foz analizou as facturas de provedores do ano 2013 que non foron aprobadas no último pleno da corporación.

O alcalde destaca o “bo clima” que houbo na xuntanza e espera que o seu pago sexa autorizado na vindeira sesión plenaria.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [35 Voto/s]

Foz, 10 de abril de 2014.- A xunta de portavoces do Concello de Foz analizou na tarde noite de onte as facturas de provedores do ano 2013 que non foron aprobadas no último pleno da corporación municipal. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca o “bo clima” que houbo na xuntanza e espera que o seu pago sexa autorizado na vindeira sesión plenaria.

“Tal e como se falara no pleno, realizouse unha xunta de portavoces, unha das moitas que se están facendo nesta lexislatura, para tratar o tema do recoñecemento extraxudicial, desas facturas que no pasado pleno non foron aprobadas pola oposición porque tiñan reparos de Intervención. A verdade é que o clima foi bo, falouse da situación ocasionada por quedar fóra dos orzamentos do ano 2013 e hai que recollelas no 2014, como se fixo xa o ano pasado e en exercicios anteriores. Houbo bo clima e teño a esperanza de que os provedores non teñan ningún tipo de impedimento para cobrar. Son facturas de gasto corrente, normal, sen investimentos nin ningún tipo de dúbida e, polo tanto, esperemos que no próximo pleno poidan ser aprobadas e os provedores poidan cobrar”, explicou o rexedor municipal focense.

Unifoz.

Javier Castiñeira tamén se referiu “a estas declaracións do señor de Unifoz, que de forma paralela quere promover uns orzamentos de maneira totalmente desleal ao grupo de goberno cunha falta de respecto sen parangón. Quero dicirlles aos compañeiros do grupo municipal do PSOE que xa sabemos ao que se dedica o señor Cancio estes últimos días. É unha persoa que evidentemente está buscando ser o candidato do Partido Socialista, non cabe dúbida, e está tomando as rendas da oposición. Eu entendo que o grupo maioritario da oposición debe exercer como tal e dende logo todas estas pequenas cartas envelenadas que manda o señor Cancio teñen un claro obxectivo, que está nas eleccións do ano 2015. E evidente e todos sabemos que o señor Cancio está traizoando a Unifoz, traizoou ao Partido Socialista e agora quere volver a beber desa man. Polo tanto nós sabemos cales son as xogadas do señor Cancio, non nos sorprenden dende logo”.

O alcalde explicou ademais que “vamos seguir adiante e presentaremos uns orzamentos, pero ao non ter aprobado o recoñecemento extraxudicial pola oposición en días pasados vai retrasar un mes máis eses orzamentos porque hai que contemplar esas facturas dunha maneira ou doutra, segundo aprobe o pleno. Polo tanto se o señor Cancio quere traballar nos orzamentos que se poña e que empece aprobando o recoñecemento extraxudicial de crédito. E dende logo recoméndolle ao señor Cancio que para chegar a acordos é importante facelo no pleno antes de meter a máis asociacións e a máis persoas, porque moitas veces dá vergoña que non se chegue a acordos no pleno para despois tratar de politizar a certas asociacións. Proba disto, non cabe outra dúbida, foi o asunto da depuradora, no que á corporación non lle valeu nin unha zona nin a outra, politizouse a algunhas asociacións de veciños, usounas o señor Cancio para estas tensións. E, polo tanto, entendo que quere facer o mesmo agora cos orzamentos, pero o grupo de goberno non lle vai deixar. Entendo que é un brinde ao sol dunha persoa que non está a gusto na oposición, que ten problemas no seu propio partido e que está buscando o seu futuro persoal”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz