29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.01.2015

Foz presentou hoxe o seu programa lúdico para este Entroido 2015.

As actividades arrincan este sábado coa cea de coroación da Raíña e alongaranse ata o 20 de febreiro.

Será pregoado polo grupo Pernas do Centiño.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [120 Voto/s]

Foz, 28 de xaneiro de 2015.- A Concellería de Cultura de Foz presentou hoxe o programa completo de actos para o Entroido 2015. As actividades comezan este mesmo sábado, coa celebración da cea de coroación da Raíña do Entroido de Foz, e alongaranse ata o venres, 20 de febreiro, coa tradicional Queima do Entroido. O sábado 14 de febreiro terá lugar o gran desfile, que xa vai pola súa XXXIV edición, e contará con 6.000 euros en premios. Ao día seguinte, o domingo 15, o protagonismo pasará aos máis cativos coa celebración do Día Infantil na Sala Bahía. O calendario de actos complétase coa celebración do Xoves de Comadres o día 12 e o tradicional Baile do Farolillo o luns 16. Paralelamente,  entre o 6 de febreiro e o 28 de marzo, terá lugar na Sala de Exposicións do CENIMA a mostra anual de Entroido, que nesta ocasión estará dedicada ao grupo Pernas do Centiño, que tamén dará o pregón.
 
O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, explicou que “o Entroido do noso Concello dará comezo este próximo sábado, 31 de xaneiro, coa cea de coroación da Raíña do Entroido. Será a partir das 10 da noite no pavillón do colexio Martínez Otero. Estará amenizado polo dúo EPO-K e haberá unha actuación de Perkusiona, da Escola de Perkusión que temos no Concello acompañada dun pouco máis de xente de Perkusiona de Cariño, que tamén van a acudir ao noso Entroido e farán unha pequena actuación antes e despois da cea. Incluso estarán tamén animando o ambiente que vai a haber polas rúas de Foz ese mesmo día da cea de coroación. Para esta cea os interesados aínda están a tempo de apuntarse na Delegación de Cultura de Foz ata este xoves, día 29 de xaneiro. O prezo da cea é de 23 euros por persoa e que a cea constará do menú típico de Entroido con sopa de cocido, cocido, sobremesa, café e chupito”.
 
O programa de actos continuará o xoves, 12 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres. Este día, a partir das 21:30 horas, terá lugar na Sala Bahía unha cea-baile organizada pola Asociación de Amas de Casa de Foz, en colaboración con Affamer. O prezo por persoa será de 10 euros para socias e 15 para non socias e as interesadas poderán inscribirse antes deste día no local social de Affamer, os martes de 16 a 19 horas, e na oficina da Asociación de Amas de Casa de Foz, os luns de 18 a 20 horas. Xa o venres 13 de febreiro, e tal e como explicou Ánxel Paleo, “teremos na Sala Bahía o pregón, a partir das 8 da tarde, á cargo do grupo Pernas do Centiño. A continuación, ao remate do Pregón, sobre as 20:30 horas, teremos un concurso de coplas. Toda aquela persoa que estea interesada en anotarse nel deberá facelo na Delegación de Cultura do Concello ata o luns 9 de febreiro, que acaba o prazo. Neste concurso teremos uns premios, tanto en individual coma en parellas, que consistirán en tres agasallos de 30 euros en vales para consumir na hostalería de Foz. Ademais haberá un premio para grupos de 50 euros en vales para consumir nestes mesmos bares”. Ese mesmo venres, 13 de febreiro, haberá ás 18:00 horas, no Campo da Cabana, un curso gratuíto de Batukada impartido pola Escola Perkusiona. Os inscritos poderán logo participar, a partir das 21:30 horas, nunha macrobatukada que se organizará nas rúas de Foz ao remate do concurso de coplas”.

As actividades volverán ao día seguinte, o sábado 14,  coa celebración do día grande. Tal e como adiantou o responsable de Cultura en Foz, “ás 10:00 é o fogonazo e durante todo o día teremos unha actuación de charangas por toda a vila coa participación de Perkusiona e a Escola de Batukada. Despois, a partir das 17:00 horas será o desfile, no que teremos unha entrega de premios posterior xa no baile na Sala Bahía. O importante é que haxa unha anotación anticipada para o desfile, para evitar despois un retraso na súa celebración, xa que moita xente espera ao último momento para apuntarse. Recordamos que a inscrición estará aberta no porto dende as doce da mañá ata as catro da tarde. Xa despois do desfile, e a partir das 23:00 horas, iremos para a Sala Bahía onde haberá o gran baile coas orquestras Marbella e Jerusalén. As entradas serán a 6 euros para os adultos e a 3 euros a infantil. Tamén haberá paquetes de entradas para aquelas charangas ou grupos que participen no desfile, que poderán adquirir estas entradas pagando dúas e levando unha de regalo. Poderán facelo con previo aviso, chamando á nosa técnica de Cultura, Pili, para que non haxa logo moito retraso o sábado na porta da Sala Bahía. Dende a 1 da noite e ata a 1:30, máis ou menos, será a entrega de premios do desfile, na que tódolos premiados teñen que estar presentes para recoller os seus agasallos nese horario”.

Xa o domingo 15, o Entroido de Foz acollerá o Día Infantil, unha xornada que comezará, como explicou Ánxel Paleo, “ás 17:00 horas, na sala Bahía, co baile infantil con DJ Tapi Decibelios. A entrada será de 3 euros e tamén haberá un paquete para aquelas charangas ou grupos que participen no desfile. Por cada dúas entradas que collan, levarán unha de agasallo. Ás 19:30 será a entrega dos premios infantís e sobre as 21:00 horas teremos o Touporroutou, que organiza a asociación Pomba do Arco”.

O 16 de febreiro continúan as actividades coa véspera do martes de Entroido, día no que se celebrará “o tradicional Baile do Farolillo ás 11 da noite, na Sala Bahía coa orquestra Fénix e a Disco Móbil DJ Eventec. A entrada será de 3 euros e gratuíta para menores de 15 anos”, como comentou o edil de Cultura de Foz, quen engadiu que “o martes 17 teremos o gran baile infantil na Sala Bahía, organizado pola Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme de Foz, e amenizado polo grupo Diamantes”.

A programación do Entroido de Foz 2015 rematará o venres 20 de febreiro coa celebración da tradicional Queima. “Sairá ás 10 da noite dende o Campo da Cabana e irá ata o peirao de Foz. Alí será onde se fará a Queima do Entroido e logo teremos unha queimada co seu conxuro. Para ela, prégase a tódolos asistentes que acudan de loito rigoroso.”, explicou o concelleiro de Cultura de Foz, quen mostrou o seu desexo de que “a programación deste ano sexa do gusto de todos, con máis premios que o ano pasado e esperando que nos axude o bo tempo”. 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz