28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.02.2015

Inminente inicio da construción dunha nova zona cuberta nas instalacións da escola infantil da Galiña Azul

O alcalde de Foz anuncia o inminente inicio da construción dunha nova zona cuberta nas instalacións da escola infantil da Galiña Azul e destaca o gran avance das obras do xeriátrico.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [110 Voto/s]

Foz, 20 de febreiro de 2015.- Con motivo da visita a Foz por parte da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou o inminente inicio da construción dunha nova zona cuberta nas instalacións da escola infantil da Galiña Azul. O rexedor tamén destacou o gran avance nas obras do xeriátrico, que se están realizando a un ritmo fabuloso.

“Dende o grupo de goberno do Concello de Foz valoramos moi positivamente a visita da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que é un departamento da Xunta de Galicia que está comprometido co noso concello, xa non só polo incremento de máis do dobre que houbo nas prazas de dependencia, dos tres obradoiros nos que participou o Concello de Foz e moitos cursos de formación que financiou esta consellería, senón tamén polo asunto de hoxe, a visita ás obras do xeriátrico de Foz. É quizais a actuación máis demandada nos últimos anos e que grazas ao compromiso desta consellería e desta conselleira se está facendo, mediante o Consorcio Galego de Benestar, e estase construíndo a un ritmo fabuloso, como ben puidemos comprobar”.

Javier Castiñeira engadiu: “estamos contentos porque se van cumprir os prazos perfectamente, senón non xurde ningún contratempo, para que a obra sexa entregada a finais deste ano 2015, tal e como prometemos tanto a conselleira como eu mesmo; quizais incluso se poida adiantar o remate da obra uns meses, segundo nos di o propio contratista. Estase construíndo a bo ritmo e sen ningún tipo de incidentes, a dirección facultativa esta contenta e o financiamento está completamente asumido pola Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio. Polo tanto estamos contentos por esta visita e moi animados porque sabemos que este compromiso que tiña a Consellería e o propio Concello vai ser realizado”.

O alcalde tamén destacou que “para a semana que vén está previsto que empece xa a construción dunha marquesiña na parte traseira da gardería da Galiña Azul, que cubrirá a zona infantil que está descuberta. É unha petición que me fixeron a min a directora, os profesores e tamén os pais dos nenos e nenas que están na Galiña Azul, polo que fixemos as xestións e agora chegan ao seu fin porque durante a semana próxima iniciaranse os traballos de cubrición desa zona infantil. Polo tanto estamos contentos porque novamente esta conselleira cumpre cos seus compromisos e queremos agradecerllo publicamente todos os membros do grupo de goberno, os cales sabemos que a Xunta de Galicia respondeu como administración cos asuntos importantes de benestar e de traballo do concello de Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz