20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.08.2015

Máis de 200 marcas estarán presentes na III Feira Multisectorial de Foz e da Mariña, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria focense.

Nesta edición un 10% dos socios de ACIA/CCA estarán presentes no evento.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [127 Voto/s]

Foz, 13 de agosto de 2015.- A III Feira Multisectorial de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria, segundo anunciaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o presidente de ACIA-CCA, José Carlos Paleo, e o responsable de Conoce Ferias, Ángel Rojo. O evento ten previsto reunir a máis de 200 marcas nunha superficie maior que noutras edicións, xa que este ano alcanza os 9.000 metros cadrados.

O rexedor explicou que “o próximo xoves ás 12 da mañá iniciarase a actividade na propia feira e teremos a inauguración oficial, na que terán presenza representantes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, é dicir as administracións que colaboramos. Para o pobo é un evento importantísimo de fomento do comercio nun momento moi importante, de moita presenza e actividade no municipio, como é a do mes de agosto”. E subliñou que “a idea é tratar de seguir ampliando o ámbito do verán, xunto coa Festa Normanda e outros eventos, fai que durante o mes de agosto haxa multitude actividades e a proba é esta vindeira fin de semana chea de eventos. A vindeira semana o 20, 21, 22 e 23 é a fin de semana da Feira Multisectorial, teremos tamén a Feira do Libro e a Feira do Marisco presentada hai uns días. Polo tanto, Foz está repleto as fins de semana durante o mes de agosto e durante o verán. Desexámoslle moita sortea os organizadores e agradecémoslle a ACIA e a Conoce Feria por seguir coa feira e seguir confiando en Foz, así como aos máis de 200 expositores que teñen pedido asistir”.  

José Carlos Paleo, o presidente de ACIA-CAA agradeceu a colaboración do Concello e das Administracións, así como de Conoce Ferias “por apostar por Foz, porque o primeiro ano é complicado enfocar un evento deste tipo, pero pouco a pouco imos consolidándonos e este ano é o 3º e xa comeza a dar os resultados. Vanse incrementar de maneira importante os expositores locais, entendemos que aproximadamente o 10% dos socios de ACIA/CCA Foz van expoñer os seus produtos e axudar a difundir non só os seus propios comercios senón tamén o comercio local”. Tamén se amosou satisfeito pola colaboración entre a Deputación e o Concello para a elaboración dun informe sobre a semipeatonalización de dúas rúas focenses: “a semana pasado asinouse co alcalde o convenio para o proxecto das dúas rúas comerciais co obxectivo de axilizar o proceso de reforma e, pouco a pouco,  vaise consolidando e enfocando esa idea para mellorar e potenciar as zonas comerciais. Todos entendemos que temos que rentabilizar ao máximo posible o verán e niso estamos”.

E pola súa banda, Ángel Rojo, responsable de Conoce Ferias, deu cont, dalgunha novidade deste ano na Feira Multisectorial de Foz e da Mariña: “ampliamos el número de metros cuadrados de exposición, también aumentamos el número de expositores, aparecen más de 200 marcas que van a venir a vernos, tenemos novedades a nivel de gastronómico, también en la zona infantil para que los más pequeños tengan su espacio, tenemos  novedades en el salón del automóvil, ya que vienen nuevas marcas…”, resume. Unha das características da cita será a variedade de produtos en exposición: “la feria va consolidándose después de su 3ª edición, va siendo conocida en los circuitos de ferias a nivel nacional y tenemos expositores de distintos puntos de España. Habrá sofás, muebles, decoración, menaje… Es una feria multisectorial como las típicas ferias de Gijón, como la internacional, la de Foz es multisectorial pero con un montón de servicios”.

O evento foi presentado hoxe no Concello de Foz.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz