26 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.11.2015

O equipo de goberno focense presentou onte en Xunta de Portavoces o proxecto de reorganización das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.

O alcalde, Javier Castiñeira, levará ao pleno a demanda de apoio financiero á Deputación e destaca que este é un proxecto fundamental para Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [93 Voto/s]

Foz, 19 de novembro de 2015.- O equipo de goberno do Concello de Foz levará ao próximo pleno da corporación municipal unha petición á Deputación de Lugo para que o organismo provincial dea apoio financeiro ás obras de reorganización da rúa Álvaro Cunqueiro e da Avenida da Mariña. Así o anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que onte presentou o proxecto na Xunta de Portavoces e tamén a representantes de Acia Foz. O rexedor asegura que buscará o apoio das distintas administracións para unha iniciativa de vital importancia no municipio.

O alcalde explicou: “o goberno local levará ao próximo pleno a petición á Deputación de Lugo de financiar a obra do proxecto de reorganización da rúa Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. En concreto, é a parte que corresponde á Deputación de Lugo, a vía LU-2006, que colle a rúa Álvaro Cunqueiro ademais doutras rúas do concello. O que solicita o grupo de goberno é que a Deputación absorba o financiamento desta obra que está practicamente deseñada, ese proxecto que no seu momento financiou a Deputación de Lugo, coa anterior presidenta Elena Candia e coa confianza de que unha vez feito se realizara a obra e se puxera nos orzamentos do ano 2016 o financiamento desa actuación”.

“Estamos contentos porque onte se fixo unha Xunta de Portavoces e presentouse este proxecto por parte dos redactores que están traballando actualmente na súa elaboración. Participou tamén o presidente de Acia, que ten un interese enorme en que esta actuación vaia para diante e nós confiamos en que sexa así. A Deputación ten que involucrarse posto que así se comprometeu no mes de agosto a anterior presidenta, Elena Candia. De feito a redacción deste proxecto está financiada pola Deputación e confiamos en que o novo presidente siga pensando o mesmo, que é un proxecto importante para Foz e para a provincia, que os nosos concellos teñan vías xeradoras de comercio. A nova creación do Centro Comercial Aberto hai un ano necesita un espazo, que non é outro que as zonas máis comerciais de Foz, a rúa Álvaro Cunqueiro e a Avenida da Mariña. Polo tanto o que pedimos é que a Deputación continúe con ese compromiso iniciado por Elena Candia. Confiamos en que o presidente Darío Campos vai continuar con esa tramitación, toda a corporación está unida en que este é un proxecto fundamental para Foz e continuaremos con ese proceso de presentación”, manifestou Castiñeira.

O alcalde salientou que “agora a reunión foi cos portavoces e para os próximos días será co conxunto de comerciantes e veciños que queiran ver esa exposición. O Concello ten medios económicos para absorber as partes que non absorban outras administracións. A Deputación debe financiar o arranxo da obra que pertence á súa vía, a Rúa Álvaro Cunqueiro, e imos pedir o compromiso da Xunta para a Avenida da Mariña”.

“É ben certo que a Concello está en condicións económicas, posto que non ten créditos bancarios a día de hoxe, de asumir unha parte do financiamento e de facer unha das obras máis importantes nos últimos anos, se cadra a máis necesaria a día de hoxe, que xeraría emprego, actividade comercial e un cambio absoluto no turismo e noutros ámbitos. Polo tanto imos pedir que toda a corporación aprobe este proxecto por unanimidade, que todos se fagan donos desta idea, non só a corporación senón tamén a Acia e todos os veciños. Con respecto á actividade dos tres portavoces da oposición na reunión de onte, estamos moi contentos e vemos que teñen disposición de aportar o máximo que poidan. De feito onte saíron ideas súas que se van ter en conta no proxecto. Creo que é un proxecto global, de interese xeral no concello, e a implicación de todos os grupos vai ser máxima, dentro das nosas capacidades. Entre todos xuntos trataremos de facer presión a todos os nosos representantes noutras administracións para que axuden a que este proxecto sexa unha realidade”, asegurou o rexedor municipal focense.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz