29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

29.12.2016

Noraboa a nosa veciña e compañeira Mercedes Rodríguez Moreda polo seu nomeamento como Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Mercedes Rodríguez releva á fronte da Dirección Xeral de Pesca a Juan Maneiro

Recomendar Imprimir Atrás

1.9/5 [29 Voto/s]

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Mercedes Rodríguez Moreda como directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Juan Carlos Maneiro Cadillo. Rodríguez Moreda, nada en Foz en 1971, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e premio extraordinario de licenciatura no ano 1994.

Desde a súa colexiatura exerce como avogada por conta propia na súa vila natal, Foz. No ano 1997 prestou asesoramento xurídico da OPP-07-LUGO (Organización de Productores Pesqueros de Lugo) e aos seus asociados ata 1999, ano no que pasou a ser a directora xerente da entidade.

Especializada en temas pesqueiros, ten representado a unha parte do sector pesqueiro galego en distintas audiencias ante a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo. Tamén é membro fundadora do Consello Consultivo Rexional das Augas Occidentais do Noroeste e das Suroccidentais e de Larga Distancia. Ten participado en numerosos grupos de traballo en materia pesqueira en calidade de experta e ten exercido como profesora en varios másters e Cursos de Posgrao sobre Economía Pesqueira da Universidade de Santiago de Compostela.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz