26 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.04.2014

Oficina de turismo na basílica de San Martiño.

O Concello de Foz porá en marcha por primeira vez unha oficina de turismo na basílica de San Martiño, servizo que estará aberto dende a Semana Santa ata o 15 de setembro.

O alcalde considera que é importante para promover esta xoia arquitectónica.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [37 Voto/s]

Foz, 10 de abril de 2014.- O Concello de Foz porá en marcha por primeira vez unha oficina de turismo na basílica de San Martiño, servizo que estará aberto dende a vindeira Semana Santa ata o 15 de setembro. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera que é importante para promover esta xoia arquitectónica.

O rexedor municipal explicou que “é algo que se viña reclamando dende a asociación de comerciantes, industriais e autónomos (Acia), dende o cronista oficial e diferentes estamentos. O Concello de Foz vai facer un esforzo porque cremos que é importante para promover esta xoia arquitectónica que temos no municipio, concretamente na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Estamos a falar da catedral máis antiga de España que está hoxe en día en pé”.

Javier Castiñeira engadiu que “para nós é un reto importante montar unha oficina na propia casa reitoral, en colaboración co Bispado de Mondoñedo, que cede as instalacións, onde teremos unha guía. Durante a Semana Santa estará en horarios de mañá e tarde con xornada completa, igual que vai ser no verán, dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. Durante os meses intermedios vai haber tamén atención mañá e tarde pero a media xornada. Con isto vamos cubrir os seis meses máis importantes en canto a visitas de turistas. Esperemos que con esta acción poidamos promover un edificio importante, a basílica de San Martiño de Mondoñedo, que todos os que a coñecemos sabemos a importancia que ten”.

O alcalde lembrou que “foi unha proposta que se fixo na sesión da Academia de San Rosendo celebrada en Foz e en xeral era moita xente a que estaba solicitando este servizo, que vai ter o Concello por primeira vez na historia na basílica de San Martiño de Mondoñedo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz